Novas tendencias na Web: a Web 3.0

Novas tendencias na Web: a Web 3.0. Será este miércoles 28 de noviembre, en la Escuela Técnica Superior de Ingeniería de la Universidad de Santiago de Compostela.

O 28 de Novembro celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela (USC) xornada «Novas tendencias na Web: a Web 3.0». O obxectivo desta xornada é achegar a empresas, investigadores, profesionais, e en xeral a todos aqueles interesados nas tecnoloxías da Web o que se coñece como Web 3.0. Nesta nova concepción da Web aúnanse dúas das visións que levan marcado nos últimos anos a evolución da Web: a Web 2.0 e a Web Semántica. Na Web 3.0 combínase o carácter social da Web 2.0, na que as persoas e as comunidades virtuais xeneran e comparten coñecemento, co enfoque tecnolóxico proporcionado pola Web Semántica na que ó tratamento e interpretación da información e dos servicios realízase de xeito automático por parte de programas intelixentes.

A xornada está organizada polo Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da USC, e está financiada pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. No acto inaugural participarán o director da Área TIC da USC, Javier Franco Tubío, e o Subdirector da ETSE, Alberto J. Bugarín Diz, e mais os outros membros da organización da xornada, Profesores Manuel Lama Penín e Eduardo M. Sánchez Vila. Seguidamente terán lugar un conxunto de conferencias nas que se amorarán os conceptos da Web Semántica, Web 2.0 e Web 3.0, impartidas por destacados profesionais das empresas iSOCO, Germinus e ATOS Origin, respectivamente, que teñen gran experiencia nestes eidos a través da súa participación e liderado en proxectos nacionais e europeos.

Na quenda da tarde presentarase GeoBuddies, un proxecto de investigación do Ministerio de Educación e Ciencia no que participa a Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid, e no que se aplican conceptos da Web 3.0 para que os pelegríns do Camiño de Santiago poidan acceder a través de teléfonos móbiles á información e servizos, enriquecidos pola aportación dunha comunidade virtual de pelegríns do Camiño. Seguidamente a esta conferencia, Antonio Pérez Casas, asesor do Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia para a Sociedade da Información, presentará as oportunidades que ofrece o programa da Sociedade da Información no eido da Web. A xornada pecharase cunha mesa redonda na que participarán os poñentes das conferencias e na que se discutirá sobre a Web 3.0 e, en xeral sobre o futuro da Web.

Categoría: Silva

Pedro Jorge Romero

Show 1 Comment
  • Uruloki 30 noviembre, 2007, 1:22 pm

    Unas charlas interesantes, algunas mejor que otras pero válidas para ver la posible evolución de algunos temas web para el futuro próximo.